Outro aspecto reseñable da nosa actividade son os estudos de plans de implantación de solucións de videoconferencia como é o caso do realizado para o antigo Grupo Unión Fenosa, ou outros relativos á análise de aplicacións de videoconferencia con “ancho de banda discreto” para a súa aplicación en contornas rurais ou con dificultades de acceso a comunicacións con grande ancho de banda.
No sector sanitario, en 2008 GDI deseñou, en colaboración con Intersystem e o Hospital Infanta Cristina de Badajoz, o plan de acción de aplicacións de telemedicina Extremadura-Alentejo. (Personal Monitoring-videoconferencia Wimax).
GDI tamén traballou en propostas de vídeo en HD, elaborando un piloto para o Imserso para crear un novo modelo de formación orientado a mellorar as relacións telepresenciais introducindo a alta definición, con posibilidade de acceso WEB en tempo real ou diferido dos cursos, ponencias e reunións de dirección.